SINIESTRO TOTAL ESTARÁ PRESENTE NA 13ª EDICIÓN DO FESTIVAL MÚSICA NA NOITE DE TEO
O evento terá lugar os vindeiros 2 e 3 de xullo e contará coa participación tamén de Bonovo e Pradairo
TEO- 18-06-2010- Un ano máis o festival de música de Teo, Música na Noite, achegará os mellores grupos folk e rock do panorama galego. Nesta ocasión a organización do evento apostou de novo pola calidade, Deste xeito, o venres dous, adicado aos grupos rock, estarán presentes Siniestro Total, Snatch, Desequilibrio Mental e Toleada. Ao día seguinte, onde o folk será o rei da festa, poderemos gozar coas actuacións de Bonovo, Pradairo ou Festicultores Troupe.
O evento, organización pola Asociación Cultural Lúa Chea e que en edicións anteriores contou con miles de persoas terá lugar en Calo porá ao seu dispor un lugar de acampada libre. A entrada para gozar das actuacións anteriormente citadas será totalmente de balde. Os asistentes poderán degustar ademais de bolos preñados e carne á brasa.
O Festival Música na noite naceu no ano 1987 por iniciativa dun grupo de mozos e mozas de Solláns na parroquia de Calo, concello de Teo, agrupados dentro da asociación Lúa Chea. Os seus obxectivos e as súas aspiracións resúmense na súa intención de montar unha festa que servise para pór en valor a música de raíz galega e confrotala con outras músicas europeas.
Grazas ó enorme esforzo feito polos seus promotores, á implicación dos grupos folk galegos do momento e ó apoio prestado por empresarios da zona e de Compostela, o festival de Calo, que se realizaba na esplanada de San Domingos converteuse nun referente musical da comarca compostelá ó que acudían espectadores de toda a contorna e os grupos musicais de maior relevancia do momento, tanto no panorama galego coma no internacional. Por Música na noite pasaron nos seus comezos os grupos galegos máis exitosos do momento e tamén aqueles que estaban a comezar, así como intrépretes de fóra de Galicia que na súa época constituíron un referente musical folk.
Dende Milladoiro, Fía na Roca, A Quenlla atá Leilía ou os Diplomáticos de Monte Alto son algún dos grupos que nas súas trece edicións deixaron o mellor do seu repertorio no concello de Teo.
A súa reaparición Fai tres aos os veciños e membros desta asocición decidiron volver a celebrar o Festival Música na Noite. Tras duro traballo de organización e de familiarización coas dinámica que presentaba este festival o resultado volveu ser, de novo, un éxito total.
A proposta de festival que se elaborou presenta diferenzas coa concepción da primeira época, pero a esencia é a mesma: montar un festa da que poida participar toda a cidadanía e coa que se poida demostrar o valor da música galega actual e o bo facer da xente de Teo. As diferenzas principais entre a proposta actual e a inicial son dúas: o festival durará dous días e a música que nel se oirá non será só folk. Así na súa primeira edición, tras o seu regreso, actuaron, ademais dos grupos musicais afincados en Teo, grupos máis consolidados e recoñecidos como A Quenlla ou Berrogüeto.